quinta-feira, 17 de dezembro de 2015

Petición de C21 para votar favorablemente o orzamento

Nos pasados días o noso voceiro, Carlos Vázquez Padín estivo reunido co alcalde, Enrique Cabaleiro para sondexar mutuamente a intención do goberno e de C21 de cara á aprobación dos orzamentos, inicialmente o alcalde trasmitiulle a C21 unha petición de abstención, que sería suficiente para que os orzamentos puidesen sair adiante cos oito votos favorables do goberno, desde C21 declinamos esa posibilidade, dixemos que votariamos si ou non, ante a votación máis importante do ano, a dos orzamentos, non nos parece adecuado pornos de perfil, xa nos pesou votar incondicionalmente a investidura, cousa que ninguén nos agradeceu, e non queremos cometer o mesmo erro. 

Como xa dixemos non son os nosos orzamentos, e non aspiramos a que o sexan para votalos afirmativamente, pero si que trataremos de pactar algunha modificación consistente cos nosos principios liberais, a petición concreta que se lle fixo ao alcalde e á concelleira de facenda é que para contar co voto favorable de C21 aos orzamentos o governo municipal debe incluir na sua proposta a supresión do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana coñecido a nivel popular como "Imposto da Plusvalia", aquel que se paga cando se transmite por herdanza ou venda un terreo de natureza urbana. 

Ainda que case todos o cobran, o imposto da plusvalia é un imposto potestativo, é dicir, cada concello pode decidir se cobra o non, parécenos un imposto especialmente inxusto xa que ven a actuar como un segundo imposto de sucesións cando o terreo de natureza urbana é herdado, así mesmo, sempre supón un desincentivo á compra venda de casas e edificios e portanto unha traba ao libre mercado dos mesmos, en aras a unha maior eficiencia na asignación de recursos a sua supresión supón remover un pequeno pero significativo obstáculo á prosperidade económica de Tui.

No proxecto inicial de orzamentos do concello para o 2016 o ingreso previsto por esta vía deste imposto é duns 70.000 €, no caso de aceptar o governo municipal a nosa petición, verianse obrigados a axustar o gasto en 70.000 €, quer en gasto de persoal, quer en gasto corrente, na parte de axuste desde C21 damos flexibilidade para que sexa o governo quen decida onde axustar, no proxecto inicial de orzamentos contemplase un aumento duns 100.000 euros en gasto de persoal, é verdade que departamento como urbanismo ou a policia precisan reforzos de persoal pero iso debería poderse facer sen incrementos orzamentarios xa que son moitas as prazas vacantes que xa estaban orzamentadas nos últimos orzamentos do governo de Moises Rodríguez. 

É desde logo unha petición relativamente fácil de cumprir, de gobernar nós, fariamos outros orzamentos, pero desde a nosa habitual responsabilidade debemos buscar o equilibrio entre dar estabilidade ao goberno que nós investimos (por consideralo un mal menor con respeito á alternativa existente) e deixar a nosa pegada nos orzamentos. Non o podemos afirmar taxativamente, pero debe ser a primeira vez na historia recente de España, no que un partido pide para aprobar uns orzamentos unha rebaixa fiscal coa conseguinte diminución de gasto en lugar dun aumento de gasto co conseguinte, e que sempre se lle trata de ocultar aos contribuintes, aumento de impostos. Un exemplo moi claro da enorme diferenza que nas institucións pode facer un partido liberal como C21. 

Agardemos que o governo acepte a nosa proposta, como dixemos, de ser aceptada, o grupo municipal de C21 votaría favorablemente o proxecto de orzamentos, de ser rexeitada, o noso voto sería negativo.