quinta-feira, 30 de julho de 2015

ROGOS E PREGUNTAS. PLENO DO 30/07/2015

1. Comerciantes e veciños da Avda. De Portugal, na zona inmediata á antiga alfándega quéixanxe do abandono deste lugar por parte da Admon. Municipal. O desleixo incide especialmente na limpeza, no que afirman que o servizo municipal de limpeza opera no lugar en intervalos de 15 ou 20 días, véndose obrigados os comerciantes a limparen eles as beirarúas. Ademáis, o caso acentúase ao seren avistadas ratas de grandes dimensións sair dos sumidoiros. ¿ Dado que é un acceso non só ao noso concello senón tamén a entrada dun país, o novo Goberno municipal ten a vontade de colaborar para que esta avenida manteña un aspecto o máis decoroso e limpo posible?

2. Veciños do barrio de Bouza Valada, en Areas, mostran a súa preocupación ante a resposta dos conductores do autobús escolar que móstranse reticentes a seguir accedendo por un camiño cun firme afundido xa que pode causar danos no vehículo. ¿Podería o novo Goberno buscar a solución necesaria para que o transporte escolar poida seguir circulando por esa vía e evitar o conseguinte prexuízo para os escolares?

3. O aceso á Radio Municipal ten sido moi desigual entre goberno e oposición nas semanas desde que vostede é alcalde, cantas entrevistas leva na Radio o alcalde no que vai de mandato? como exemplo a alcaldesa de Tomiño leva duas entrevistas e oposición municipal de Tui, cero entrevistas, somos os contribuintes de Tui os que pagamos a Radio. Cando teñen pensado convocar o consello da Radio para fixar criterios a este respeito?

4. Ten pensado cumprir o mandato aprovado a iniciativa de C21 e co apoio, no anterior periodo, do seu grupo e dos demais que forman parten do actual goberno, de iniciar a tramitación para a construción dun hospital transfronteirizo?

5. Como está a tramitación do PECHA? Que horizonte temporal barallan para a sua aprobación?

6. E a peonalización do casco vello?  Vana implementar cos criterios que tiña fixado o anterior goberno municipal? En caso de que non sexa así, cales serían os cambios? Que horizonte temporal se marcan para a sua implementación?

7. Cando ten pensado proceder ao nomeamento do capataz de vías e obras?

8. Parécenos bem que se eliminase a posibilidade de estacionar en frente do concello, sen embargo no lateral permanece aparcamento para autorizados, quen son eses autorizados? Só o alcalde? Todos os membros da corporación? Nengún dos anteriores?

9. Como ten pensado organizar e priorizar o mantemento do firme nas pistas do rural?

10. Hai algún estudio de fluxo turístico e comercial en Tui?

11. Hai unha demanda de viciños de Ribadelouro en relación ao acondicionamento do camiño que pasa perto do parque do Cotarel e por detrás de casa de Paco de Ribadelouro, ata os tractores quedan ali atrapados en inverno.

12. Pasamos a notificarlle algunhas deficiencias no asfaltado de pistas na parroquia de Randufe: o camiño do Barrio do Outerio que vai dirección Anta. Os viciños do Cotarel queixanse de falta de limpeza das beira-vias. Tamén hai queixas no bairro do Montiño, quedando deficiencias no asfaltado desde que se lles colocou o sumidoiro.

13. Hai queixas dos viciños da rua Ourense á altura da rua da Guarda sobre problemas na iluminación pública.

14. Dados os precedentes recentemente sentados, cal vai ser o futuro das festas populares á beira do río?

15. Os habitantes da cidade de Tui merecemos que dunha vez se acondicione unha praia fluvial en condicións no centro da cidade, non se pode seguir dicindo que hai problemas puntuais de contaminación na praia da mariña, compre facer algo ao respeito.

16. Teñen pensado proceder á implantación da administración electrónica? Que pasos van dar?

17. Que pasos está dando para solventar ou cando menos minimizar o problema xerado cos recibos atrasados da auga do 2013? especialmente no referido á falta de leitura do cuarto trimestre, ten pensado iniciar expedientes disciplinarios aos funcionarios responsables pola falta de leitura?

18. Pedimoslle a instalación dunha caixa de correo para cada grupo municipal da oposición, que permita aos cidadáns achegar documentación cando os concelleiros non nos encontremos nas dependencias municipais, tamén solicitamos a instalación dun teléfono fixo nas oficinas dos grupos municipais de tal maneira que poidamos realizar consultas com funcionarios ou outros concelleiros sen necesidade de peregrinar polo concello. No caso de C21 xa lle transmitimos que non precisabamos teléfono móbil do concello.







Grupo Municipal de C21

Nenhum comentário:

Postar um comentário