terça-feira, 6 de janeiro de 2015

Comunicado de prensa sobre novo centro de saude











Comunicado de prensa sobre a construción do centro de saude e asuntos colaterais.


-C21 sempre se ten posicionado en contra da ubicación prevista para o novo centro de saude, asi o expresamos en cada ocasión na que tivemos oportunidade. Compre lembrar que C21 non tiña representación no concello cando se decidiu ubicar o centro de saude na traseira da Area Panorámica, xa no ano 2008. 

-Non concordamos coa ubicación polo estrangulamento que se produciria nas Ruas Casal Aboy e Colón. Se todo o entramado urbano colindante fose das mesmas características que a Rua Compostela a ubicación parecerianos correcta, compre lembrar que o urbanismo concentrado é máis económico e ecolóxico pero require unha planificación urbana da que carecemos.  
                                                                                                                                                         
-Se C21 non se ten sumado activamente a esa reinvidicación até a data é porque non compartimos que se deba construir un novo centro de saude en Tui en ningunha parte. Nen ai nen en ningún outro lado, parécenos moito máis sensato e sobre todo moito máis barato reformar o actual sempre que non haxa nengunha contraindicación técnica nen nengún problema estrutrural irresoluble no actual.

-Un novo centro de saude implica máis débeda e máis impostos sen que iso redunde nunha mellora da atención sanitaria, ao noso xuizo bastante deficiente, que recebemos os tudenses. En todo caso e como zona fronteiriza existiría a posibilidade de promover un hospital transfronteirizo, como o que se fixo na Cerdanya catalana para a atención de pacientes cataláns e franceses (galegos e portugueses no noso caso) e con financiamento europeo e dos Estados implicados. Ai xa estariamos falando doutra cousa, dun enorme salto cualitativo na atención sanitaria disponible, ora ben se estamos a falar do mesmo ambulatorio en canto a dotación de persoal, carencia de especialistas, carencias de medios de diagnóstico, etc. Mellor quedarnos como estamos pero con catro millóns de euros menos de débeda e de impostos.

-A paralización neste momento da construción do centro de saude supón esquecerse de facto e por moitos anos de ter un novo centro de saude, isto non representa nengún problema para C21, pero é evidente que se se logra paralisar agora este proxecto a Xunta tardará moitos anos en voltar a pensar en Tui para a construción dun novo ambulatorio. Portanto non é realista pensar, supomos que ninguén o fai, en que paralizar este proxecto implica que dentro dun ano, de dous ou de tres, haberá outro proxecto en marcha. Calquera que desde Tui queira impulsalo encontrarase durante moitos anos coa mesma resposta da Xunta, a vos xa se vos ia facer un ambulatorio e non quixestes, portanto agora caladiños e á cola. 

-Se a plataforma quere ir a por todas e lograr a paralización da obra, na nosa opinión a via política non se pode saldar con éxito, non é realista crer que o goberno municipal e a Xunta que promove a obra vai paralizala agora e portanto cremos que quen aspire a paralizar a obra deberia aproveitar as carencias da tramitación administrativa e urbanística para pedir a suspensión cando menos cautelar mediante a presentación dun recurso contencioso-administrativo. C21 préstase a colaborar coa plataforma no aceso á documentación que precise.

-Hai defectos de forma na tramitación que dan posibilidades de éxito a esta estratexia, nomeadamente no referido á carencia de aparcamento no proxecto que se intenta subsanar mediante unha chapuzada ubicando prazas de aparcamento provisional en lugares impracticables a tal efecto como, por exemplo, a comunicación da rua Ourense coa rua Colón, á carencia da preceptiva proposta de acordo por parte do departamento de urbanismo, a que o expediente está sen foliar nen dilixenciar polo que o funcionario responsable non pode ter a certeza de estar informando un expediente completo. Estamos ante a habitual chapuzada administrativa do goberno local do PP.

-Hai críticas ao momento no que se pide a paralisación da obra, en todo caso esta culpa non é atribuible a quen solicita a paralisación porque xa levan un periodo de aproximadamente dous anos solicitándoa activamente. 

-Compre non obstante ter en conta as implicacións reais de paralizar agora este proxecto son, e dicimolo para que despois ninguén trate de asignarnos certas responsabilidades que non nos corresponden:

1-Un tempo indeterminado probablemente longo co lugar da obra valado sen saber que iria pasar.
2-Ter que indemnizar ás construtoras adxudicatarias, é dicir un custo que iria aos petos dos sufridos contribuintes tudenses.
3-A segura perda dos fondos Feder de financiamento da obra condicionados ao remate da mesma o 31 de decembro do 2015, de feito é moi probable que ainda sen paralización non se poida cumprir este requisito xa que o tempo designado no proxecto para a sua execución é de 17 meses.


-Obviamente non se debería ter chegado a esta situación e a responsabilidade é do goberno municipal, porque agora todas as saidas teñen graves consecuencias, construilo é malo e non construilo tamén ten consecuencias, desde C21 coidamos que é peor  construilo porque é un erro de imposible rectificación. Unha vez mais Tui chega a unha ruela de dificil saida. 


Agrupación local de Tui de Converxencia 21