quinta-feira, 29 de maio de 2014

ROGOS E PREGUNTAS. PLENO DO 29/05/2014

Estes son os rogos e preguntas que presentamos no pleno de hoxe:

1. É vostede coñecedor de que hai un verquido ilegal de entullos contaminantes na parroquia de Malvas, máis concretamente na estrada de San Antoniño ao Aloia, no lugar de Buste? Rogolle que tome medidas ao respeito.
2. A data de hoxe, cantos demandantes de emprego logrou colocar o concello de Tui en Versmold no marco da colaboración coa vila alemá surxido do irmanamento entre Tui e Versmold? Que operativa está levando o concello neste asunto, é dicir, que recolle, tramita e envia as solicitudes?. Pido resposta a esta pergunta oralmente no pleno e tamén por escrito. 
3. Fixo algunha xestión desde o último pleno, no que desde C21 lle preguntamos ao respeito, encamiñada a esclarecer a veracidade ou falsidade dos rumores que corren com respeito a unha suposta xestión fraudulenda do punto limpo?
4. Como levan a reflexión prometida sobre a mudanza de localización do mercado dos xoves?
5. Están facendo algunha xestión encamiñada a instalar unha marquesina na zona da corredoira onde para o autobus?
6. Ten pensado facer algo para frear o grande deterioro do paseo fluvial? Houbo unha obra para solucionar as filtracións que provocan corrimentos de terra e non se solucionou o problema, que pensa facer ao respeito? O paseo de madeira propiamente dito está nunha condición paupérrima, ten intención de arranxalo?
7. Xa pasaron dous meses desde o anterior pleno ordinario, como leva a negociación da cesión do dominio tui.es coa empresa de viaxes Tui?
8. Que pasos está dando para a implementación da admistración electrónica en Tui? Que obxectivo temporal ten para a sua posta en práctica?
9. É vostede consciente de que hai poquísimos casos nos que un escrito presentado por un cidadán neste concello é respondido? Que opina do prexuizo que se lles produce, aos que cos seus impostos sosteñen o concello, coa inoperancia xestora do goberno local do PP?
10. É consciente da alarma social e do desgaste político que se está xerando na cidadania coas cantidades tan elevadas e non correspondentes coa sua produtividade que cobra de concello e deputación provincial?