quinta-feira, 29 de maio de 2014

ROGOS E PREGUNTAS. PLENO DO 29/05/2014

Estes son os rogos e preguntas que presentamos no pleno de hoxe:

1. É vostede coñecedor de que hai un verquido ilegal de entullos contaminantes na parroquia de Malvas, máis concretamente na estrada de San Antoniño ao Aloia, no lugar de Buste? Rogolle que tome medidas ao respeito.
2. A data de hoxe, cantos demandantes de emprego logrou colocar o concello de Tui en Versmold no marco da colaboración coa vila alemá surxido do irmanamento entre Tui e Versmold? Que operativa está levando o concello neste asunto, é dicir, que recolle, tramita e envia as solicitudes?. Pido resposta a esta pergunta oralmente no pleno e tamén por escrito. 
3. Fixo algunha xestión desde o último pleno, no que desde C21 lle preguntamos ao respeito, encamiñada a esclarecer a veracidade ou falsidade dos rumores que corren com respeito a unha suposta xestión fraudulenda do punto limpo?
4. Como levan a reflexión prometida sobre a mudanza de localización do mercado dos xoves?
5. Están facendo algunha xestión encamiñada a instalar unha marquesina na zona da corredoira onde para o autobus?
6. Ten pensado facer algo para frear o grande deterioro do paseo fluvial? Houbo unha obra para solucionar as filtracións que provocan corrimentos de terra e non se solucionou o problema, que pensa facer ao respeito? O paseo de madeira propiamente dito está nunha condición paupérrima, ten intención de arranxalo?
7. Xa pasaron dous meses desde o anterior pleno ordinario, como leva a negociación da cesión do dominio tui.es coa empresa de viaxes Tui?
8. Que pasos está dando para a implementación da admistración electrónica en Tui? Que obxectivo temporal ten para a sua posta en práctica?
9. É vostede consciente de que hai poquísimos casos nos que un escrito presentado por un cidadán neste concello é respondido? Que opina do prexuizo que se lles produce, aos que cos seus impostos sosteñen o concello, coa inoperancia xestora do goberno local do PP?
10. É consciente da alarma social e do desgaste político que se está xerando na cidadania coas cantidades tan elevadas e non correspondentes coa sua produtividade que cobra de concello e deputación provincial?

domingo, 6 de abril de 2014

PROPOSTA PLAN DE REORDENACIÓN E AFORRO DE ILUMINACIÓN PÚBLICA

Pleno 27/03/2014


Dado que:

-España ten o consumo máis alto en alumeado público de Europa, con tres veces maior consumo que o de Alemaña e 115 kilovatios / hora por habitante.
-En Tui temos algunhas zonas sobreiluminadas.
-Pódense racionalizar os horarios de acendido.
-Non é infrecuente ver luces acesas de día e tamén hai tecnoloxia para evitar isto.
-Hoxe disponse de tecnoloxía que permitiria diminuir drasticamente o consumo por cada punto de luz.
-O subrecusto enerxético sobrecusto supón un lastre para as posibilidades de recuperación económica do País.
-A administración pública castiga, unha vez máis, coa sua ineficiencia os petos dos sufridos contribuintes xa que non fan máis que sufrir subidas de impostos para sufragar a incompetencia e os privilexios dos dirixentes políticos do statu quo.



PROPOSTA DE RESOLUCIÓN

1)Que poña en marcha un plan de iluminación para o concello con vistas a diminuir drasticamente o custo enerxético mantendo uns niveis aceptables de iluminación.
2)Que pare este fin instale mecanismos automáticos de acendido e lampadas de inferior consumo.
3)Que non ilumine máis ás parroquias onde máis votos ten, senón que demostre que é o alcalde de todos e non so dos que lle votan iluminando dunha forma equilibrada e xusta as diversas zonas do concello.



Asinado: Carlos Vázquez Padín
Voceiro municipal de Converxencia 21

sexta-feira, 28 de março de 2014

PROPOSTA DE PLAN DE SINALIZACIÓN MUNICIPAL


A continuación a proposta en forma de moción presentada no pleno de onte, 27/03/2014 para facer un plan de sinalización.

Dado que:

-A sinalización da maioria de lugares no rural do noso concello presenta carencias.

-Que iso supón algúns problemas, nomeadamente para os servizos de correo e mensaxeria.

-Que hai moita sinalización que non cumpre a lei de normalización linguística e que está exclusivamente en castelán, incluindo topónimos como Rebordanes, sinais de “playa fluvial”, ruas do casco vello onde en lugar de Rua Bispo Lago, Rua Bispo Castañón, etc podemos ler unha mixtura de castelán e galego como Rua Obispo Lago, Rua Obispo Castañón, etc.

-Que unha sinalización armoniosa e correcta das ruas e lugares do concello contribue a facilitarlle a vida á xente e a facer o contorno máis atractivo.


Converxencia 21 de Tui propón:

-A elaboración dun plan xeral de sinalización do concello.

-Que no plan se respeite a toponimia galega oficial e a lei.